Dry Cleaning | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 2018 - presente |
Xénero(s) | post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD, It's OK |
Membros | Florence Shaw Lewis Maynard Tom Dowse Nick Buxton |
Na rede | |
drycleaningband.com | |
Dry Cleaning é unha banda inglesa de post-punk formada no sur de Londres no ano 2018.[1] O grupo está composto pola vocalista Florence Shaw, o guitarrista Tom Dowse, o baixista Lewis Maynard e o batería Nick Buxton. Dry Cleaning destaca polo seu uso principalmente da voz falada en vez de cantada, ademais de polas súas letras pouco convencionais. O seu estilo musical comparouse ao de bandas como Wire, Magazine e Joy Division.[1]